Unha aventura polo fantástico mundo da danza
Unha experiencia única para nenos e adultos infantes.
“Paseo Pola Danza” é un espectáculo familiar, didáctico acerca da Historia da Danza creado por dúas compañías en colaboración, La Incidente D-T e Cisma Danza, ambas residentes en Compostela
Nesta peza dous mozos aventúranse nun percorrido por distintas etapas: primitivismo, danzas populares, romanticismo, etc ata chegar ás danzas urbanas de hoxe en día.
É un espectáculo dinámico que permite ós espectadores compartir a fantasía na que os seus intérpretes se adentran.
A danza vese complementada en escea con atisbos de clown e diálogos áxiles entre os protagonistas e en ocasións coa propia danza que toma corpo en forma de Voz en Off.
“Paseo pola Danza” foi estreado o 5 de Maio do 2014 na Sala Agustín Magán.
FICHA ARTÍSTICA
Creación e interpretación
Isabel Sánchez Temprano
Leodán Rodríguez Casas
Luces e Son
Fidel Vázquez
Voz en Off
Rocío González
Asistente de teatro
Daniel Blanco
Vestiario
Paseo Pola Danza
Duración
45 min
Idioma
Galego
FICHA TÉCNICA
NECESIDADES TÉCNICAS
(Para Teatros e Auditorios)
-Linóleo
-Codo de escena, ou vestiarios para cambio de vestuario.
-Equipo de Son
-Amplificación
-Planta de Luces
ESCENARIO MÍNIMO
Fondo : 4 metros
Ancho: 5 metros
Altura: 2´5 metros

