top of page

Leodan Rodriguez Casas 

Bailarín e Coreógrafo de La Incidente D-T

Codirector de Can Cun Quinqué

 

Comenzou a  súa etapa de formación dancística na Escuela Vocacional de Arte de Guantánamo, en 1989, onde realizou estudios de danza moderna e folclórica. Posteriormente, continuou a súa aprendizaxe na Escola Nacional de Danza de Cuba e en 2003 obtivo a licenciatura en Artes Danzarias polo Instituto Superior de Arte de Cuba, como intérprete e coreógrafo.

Durante estes años, formouse con profesionais da danza como Ladislao Navarro, David Zambrano, Marianela Boan, Eugenio Barba, Minako Seki e Dominique Mercy, entre outros.

Como intérprete en Cuba traballou en agrupacións como Danza Fragmentada, onde iniciou a súa traxectoria profesional; tamén en Danza Abierta e Retazos Teatro.

 

A partir do 2004, Leodán Rodríguez comeza a desenvolver a súa actividade artística en España , participando en produccións como "Der Damon", con coreografía de Sabine Dahrendorf, e en compañías como Losdedae, nos traballos "Sumérgete", "Onion" e "Me amontono", entre outros.

Como creador, firma as montaxes "A medio metro de lo vivido", xunto a Kirenia Martínez Acosta, e "Certificado de Existencia", creado coa coreógrafa Ana Continente.

 

Dende 2011 dirige su propia compañía La Incidente D-T., con sede en Santiago Compostela. 

Isabel Sánchez Temprano 

Bailarina e Coreógrafa de Cisma Danza 

Codirectora de Can Cun Quinqué

 

Licenciada en Filosofía pola Universidad de Santiago de Compostela, centra o seu interés no estudio do corpo e dos procesos de comunicación lingüística e xestual.

 

Con formación en danza clásica, moderna, folclórica e contemporánea, a súa dedicación céntrase de de 2005 no traballo con nenos de diversas edades en actividades relacionadas coa danza e a expresión corporal.

 

En 2009 crea CISMA xunto a Xiana Vilas, compañía na que como creadora e bailarina realiza un traballo en torno ó cuerpo dende unha óptica filosófica e artística.

Con Cisma presentou as produccións “Un disfraz equivocado” (2011) e “Entre nanas e escombros” (2013) e colaborou nos proxectos Xanela e Umbrales de Konik Thtr.

 

En colaboración con La Incidente estrena en 2014 "Stay", unha peza de danza contemporánea creada para rúa e espacios non convencionais, e "Piedra Sobre el Agua" en colaboración con Declaro Danza e La Incidente

Actualmente Leodan Rodriguez e Isabel Sánchez Temprano codirixen o Centro de Danza e Artes Escénicas "Can Cun Quinqué" con sede en Santiago de Compostela.              www.cancunquinque.com

bottom of page